Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Festa do Entroido celébrase o venres a partir das 7 da tarde no pavillón de Santa Cruz

Oleiros, 26 de febreiro de 2020-. Este venres día 28 de febreiro celébrase a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da “Compañía Municipal de Teatro” e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.

 
Repartiranse 4.700 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. O prazo de inscrición para o concurso remata o venres ás 10:00 horas.
 
PROGRAMA 
 
19:00 h Apertura de portas
 
19:00- 19:45 h MÚSICA E BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
 
19:45 h CONCURSO DE DISFRACES E CHOQUEIROS 
 
20:45 h ACTUACIÓN SORPRESA da “Compañía Municipal de Teatro”: tradicional actuación do alcalde de Oleiros cunha sátira carnavalesca.
 
21:15 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
 
21:30 h Entrega de  PREMIOS do CONCURSO DE DISFRACES 
 
21:45-22:00 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
back link