Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Festa do Entroido celébrase mañá a partir das 19:00

Oleiros, 2 de marzo de 2017-. Mañá venres 3 de marzo terá lugar a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da “Compañía Municipal de Teatro” e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.

No concurso de disfraces repartiranse case 4.000 euros. Haberá importantes premios tanto na categoría de grupos como individual, cun primeiro premio, un segundo e dous terceiros. Ademais, haberá tres accésits, un en grupos e outros dous en individual, cun importe igual aos terceiros premios, para que o xurado poida premiar, se así o considera, aqueles disfraces que sexan merecedores dalgunha mención especial pola súa participación, enxeño ou especial animación choqueira característica desta festa. De 19:00 a 19:30 horas, poderán realizar a inscrición no concurso de disfraces as persoas que non o fixeran nos días anteriores.

PROGRAMA

19:00-19:45 h - MÚSICA E BAILE COA ORQUESTRA LOS SATÉLITES

19:45 – 20:45 h - CONCURSO DE DISFRACES E CHOQUEIROS

20:45 – 21:10 h - ACTUACIÓN DA “COMPAÑÍA MUNICIPAL DE TEATRO”

21:10 – 21:30 h - MÚSICA E BAILE COA ORQUESTRA OS SATÉLITES

21:30 – 21:45.- ENTREGA PREMIOS CONCURSO DE DISFRACES

21:45-22:00 h - MÚSICA E BAILE COA ORQUESTRA OS SATÉLITES      
 

back link