Oleiros, 28 de marzo de 2018-. O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do vindeiro martes 3 de abril a exposición de fotografía Nicaragua: o futuro, de Felipe Carnotto. A mostra plasma unha visión sobre a vida cotiá das e dos habitantes do país centroamericano a través da óptica persoal do autor.
A exposición consta de 24 paneis a toda cor, dos que 20 son as fotografías máis representativas da estadía de Felipe Carnotto en Nicaragua e 4 son de carácter informativo sobre as accións de cooperación do Fondo Galego no país centroamericano. O horario da mostra será de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.