Oleiros, 11 de decembro de 2018-. O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do mércores día 12 de decembro a exposición Escrituras sobre as pedras da artista Marina Matskova. O acto de inauguración será mañá mércores, ás 20:00 horas.
O horario da mostra será de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados estará aberto de 10:00 a 13:30 horas.