Oleiros, 19 de febreiro de 2016-. A sala de exposicións do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle mañá ás 20:00 horas a inauguración da mostra de pintura de Víctor Lens. O acto contará coa presenza do artista.
A mostra permanecerá na Fábrica ata o 7 de marzo, en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas de luns a venres. Os sábados estará aberto de 10:00 a 13:30 horas.