Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Fábrica acolle a proxección do documental Contando a Carlos Casares

Oleiros, 29 de maio de 2017-. O vindeiro mércores 31, ás 20:30 horas, o auditorio da Fábrica de Perillo acolle o documental Contando a Carlos Casares, dirixido por Gonzalo E. Veloso. A entrada é gratuíta.

Contando a Carlos Casares é un documental no que participan familiares e amigos, así como especialistas sobre o autor homenaxeado, cos cales percorremos as facetas máis interesantes da súa vida para poder coñecer o home, así como poder atopar as chaves coas que enfrontarnos á súa obra literaria.  Despois de ver o documental haberá unha charla-coloquio onde se poderán poñer en común as inquedanzas e observacións sobre o escritos do autor ourensán.
 

back link