Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A exposición "No colo da esperanza" trae ao Colexio Juana de Vega a inxustiza que padecen as pe

Oleiros, 29 de xaneiro de 2019-. A exposición fotográfica “No colo da esperanza”, do fotoxornalista Felipe Carnotto, estará exposta no CEIP Juana de Vega  de Nós ata o día 14 de febreiro. O autor da mostra participa hoxe no propio centro nunha xornada co alumnado de 5º e 6º de primaria, para afondar sobre as súas vivencias nos campos de refuxiados e a situación que se está a vivir neles.

A exposición está formada por doce fotografías en branco e negro tomadas no ano 2015 na coñecida como ruta dos Balcáns, a través da que milleiros de persoas foxen da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa. As imaxes, cedidas temporalmente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, pretenden poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de refuxiadas e refuxiados abandonen os seus fogares coa esperanza de vivir en paz. Camiñando en ringleiras durante horas, cruzan Turquía, Macedonia, Serbia... As instantáneas de Felipe Carnotto dan testemuño deste gran éxodo do que ninguén se está a responsabilizar.

back link