Oleiros, 24 de maio de 2018-. O alumnado de danza urbana da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros realizará unha mostra de danza o domingo 27 de maio. O flashmob terá lugar na praza Esther Pita de Santa Cruz ás 13:00 horas.
Os flashmob son accións organizadas e colectivas, que se realizan en lugares públicos durante un breve espazo de tempo. Nesta ocasión, da man do alumnado e profesorado de danza urbana da Escola Municipal, ofrecerase un grande espectáculo onde a veciñanza poderá achegarse a participar.