Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Dirección Xeral do Catastro inspeccionará todas as vivendas de Oleiros durante os vindeiros m

Oleiros, 7 de novembro de 2017-. A Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Facenda do Estado, realizará unha inspección a todos os inmobles de Oleiros durante os vindeiros meses. O persoal encargado de realizar o traballo, que estará debidamente identificado, tomará fotografías de todas as edificacións do municipio desde a vía pública.

Naqueles casos nos que existan modificacións ou altas non comunicadas, o Ministerio de Facenda aplicará un taxa de 60 euros. Esa cantidade será reembolsada a todos os cidadáns que xustifiquen axeitadamente que non existen cambios nin novas edificacións nas súas propiedades.
 

back link