Oleiros, 23 de xaneiro de 2020-. A Deputación da Coruña comunicoulle esta mañá ao Concello de Oleiros que o contrato coa adxudicataria da obra de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, vai ser rescindido de inmediato. Esta decisión débese a que a obra leva semanas parada e a que a adxudicataria cobrou da Deputación pero non lle pagou á empresa que tiña subcontratada. Ante esta situación, a obra botará sen rematar, polo menos, outros 6 meses.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
“Desde que entrei na Deputación veño denunciando este tipo de contratacións. Non pode haber adxudicacións a empresas que non son máis que un papel, que non teñen maquinaria nin persoal de ningún tipo, que subcontratan todo. Non debías poder presentarte a facer unha estrada se non tes máquinas para aglomerar, palas, traballadores, etc… Pero estamos atopándonos que sucede isto, aparecen elementos que subcontratan, cobran os cartos da administración e despois non lle pagan á empresa que realmente fai a obra”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
A obra de ampliación da estrada da Besta vai permitir que a vía pase de 5 a 12 metros. Os carrís de circulación ocuparán 7 metros e as beirarrúas 5, para que os peóns poidan transitar de xeito seguro.