Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A costa libre de Oleiros é declarada sendeiro azul europeo

Oleiros, 9 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros recibiu hoxe o galardón que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral oleirense fixo posible este importante recoñecemento.

A entidade europea ADEAC, que entrega estes prestixiosos galardóns; analiza a preservación e mellora das condicións ambientais existentes, a seguridade e facilidade de uso para os visitantes, e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o noso patrimonio litoral. A costa de Oleiros, desde a ría da Pasaxe ata Lorbé, cumpre claramente con todos estes criterios de valoración.
 

back link