Oleiros, 5 de outubro de 2018-. O Concello de Oleiros ten previsto sacar a contratación nas vindeiras semanas as obras de ordenación do Parque Costeiro que irá desde a actual zona verde das Galeras ata a praia de Bastiagueiro. Para poder iniciar os trámites, o Concello está pendente do acordo definitivo por parte do pleno da Deputación provincial que vai financiar o 80% da primeira fase desta obra con 134.020,12 euros.
O custo total desta actuación é de 522.050,24 euros, que agás esa achega provincial, financiará o Concello de Oleiros na súa totalidade. No proxecto está prevista a ordenación de todo o ámbito, de 70.000 metros, coa plantación de árbores e céspede, creación de sendas, instalación de mobiliario urbano e construción dun aparcadoiro público.