Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Consellería de Infraestruturas responde negativamente á petición do Concello de crear un paso

 Oleiros, 5 de maio de 2022-. O pasado 6 de abril, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, remitiu unha carta á conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, para reclamarlle que atendese as peticións dos veciños e veciñas do Couto e procedese ao pintado e sinalización dun paso de peóns na zona do Couto, en Dorneda. Case un mes despois, a conselleira acaba de responder dicindo que a Xunta non vai crear o paso de peóns.

 
“A carta que me envía a conselleira non ten desperdicio. Entre outras cousas, di que a Xunta nin pode nin vai facer o paso de peóns porque agravaría o risco de atropelo. En cambio afirma que si se lle entrega a estrada ao Concello nós si que o podemos facer... Que escándalo! A lei é distinta para nós e para eles? ”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 
Para facer o paso de peóns que se reclamou polo alcalde, a conselleira enviou xunto coa carta un convenio para que o Concello de Oleiros asuma a titularidade de 2,6 km de estrada, desde Santa Cruz ata Arillo. “Se a conselleira non é capaz de atender e xestionar as estradas da Xunta, debería abandonar o seu cargo e deixar o sitio a outra persoa”, dixo o alcalde.
back link