Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A concesión do bar da casa do pobo de Lorbé sairá a concurso nos vindeiros días

Oleiros, 17 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros abrirá proximamente o prazo para a licitación do café-bar que hai na casa do pobo de Lorbé. Os interesados poden solicitar información no departamento de Contratación do Concello de Oleiros.

O café-bar quedará pechado nos vindeiros días e permanecerá sen abrir as súas portas ata que finalice o proceso de contratación. “De todos os bares que hai nas casas dos pobos, o de Lorbé sempre funcionou moi ben. Nunca deu perdas e pode ser un bo negocio para que calquera persoa que queira traballar poida vivir del”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

back link