Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A compañía R instalará banda ancha antes de final de ano nas zonas comprometidas de Lorbé, Mera

 Oleiros, 23 de setembro de 2019-. A Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello de Oleiros que a compañía R, que está subvencionada polo Ministerio de Industria para a instalación da rede de banda ancha en varias zonas de Oleiros, vai estender o acceso ultrarrápido a internet a partir do mes de outubro en Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro e Xoez. Debido á demora na execución deste proxecto por parte de R, que debería estar finalizado antes do 31 de decembro, o alcalde, Ángel García Seoane, mantivo o pasado venres unha reunión con responsables da Xunta de Galicia en materia de telecomunicacións.

 
Telefónica tamén recibiu fondos do Ministerio para cubrir con fibra as zonas de Aba, Dexo, Babilonia, A Lagoa, O Valiño e A Veiga. Neste caso, o prazo de execución remata a finais do ano do 2020.
back link