Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A compañía IT-eatro representa mañá en Mera Facendo as partixas

Oleiros, 04 de novembro de 2016-. Mañá sábado 5 de novembro, ás 20:30 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle a representación do drama Facendo as partixas, unha adaptación de Hay que deshacer la casa de Sebastián Junyet. Alejandro Albaiceta dirixe este espectáculo, duns 90 minutos de duración.

Nanda Tasende e Tatiana Mouro protagonizan unha historia ambientada nos anos 80. Dúas irmás reúnense despois de anos sen verse para repartir a herdanza e a casa familiar. Ana, a irmá menor e progresista, deixou a familia hai moito e estivo desconectada mentres Laura, a maior e conservadora, quedou a coidar dos seus pais ao tempo que sacaba adiante a súa propia familia. Neste reencontro, mentres lembran o pasado, xorden pantasmas e reproches, pero ambas as dúas descubrirán que teñen máis cousas en común das que pensaban. A reconciliación entre as irmás e cada unha consigo mesma, converterase nos alicerces dun esperanzador futuro.

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2,50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.
 

back link