Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A compañía de danza oleirense Elahood presenta o sábado La soledad de Wally no Auditorio de Mer

Oleiros, 23 de xaneiro de 2018-. Este sábado día 27 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Elahood presenta o seu espectáculo de danza La soledad de Wally, dirixido por Julia Laport Rivas e Sabela Domínguez Pérez. As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2,50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

La soledad de Wally está formada por catro pezas unidas por unha temática común pero exploradas desde diferentes puntos de vista: as relación sociais son indispensables para as persoas e a súa ausencia pode traer consecuencias negativas. A obra presenta a dualidade entre soidade e comunidade e a importancia de cultivar conexións reais.

Elahood é unha compañía emerxente oleirense de danza urbana fundada en xaneiro de 2017.
 

back link