Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A comedia D.E.P. represéntase o sábado en Mera

Oleiros, 26 de outubro de 2017-. A compañía Malasombra Producións presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo D.E.P., escrito por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez e dirixido por Marcos Orsi. O elenco de actores e actrices fórmano Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link