Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A cabalgata de reis percorrerá todas as parroquias do municipio o vindeiro mércores

 Oleiros, 30 de decembro de 2021-. O vindeiro mércores 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia.

 
Igual que o ano pasado, o Concello poñerá a disposición dos Reis Magos un autobús descapotable decorado especialmente para a ocasión. Para evitar aglomeracións non se realizará ningunha parada. O Concello solicita a colaboración de todos os cidadáns para manter as distancias e agardar nas beirarrúas, sen invadir a estrada en ningún momento.
 
Os horarios aproximados de paso dos Reis son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:
 
16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
16:45 H - Avenida Francisca Herrera
16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
17:10 H - Rúa das Garridas
17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
17:25 H - Urbanización O Seixo
17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós 
18:05 H - Avenida Espoz y Mina 
18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño 
18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
18:50 H – Rúa Doutor Fleming
19:00 H – Paseo de Mera
19:05 H – Avenida María Pita
19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
19:35 H – Avenida Concepción Arenal
19:40 H – Avenida Che Guevara
19:50 H – Rúa Darwin
20:00 H – Avenida Santa Cristina
20:10 H – Rúa Miradoiro
20:15 H – Avenida da II República

 

back link