Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas na Casa do Concello e percorrerá todo o municipio

Este domingo 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio en autobús descapotable. 
 

HORARIOS / Domingo 5 de xaneiro de 2025

16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio 
16:50 H - Urbanización Os Regos, avenida Isaac Díaz Pardo
17:00 H – Urbanización O Seixo, rúa Cormorán  
17:10 H - Casa do pobo de Nós 
17:30 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido 
17:40 H - Casa do pobo de Iñás 
18:00 H – Casa do pobo de Dexo
18:10 H – A Lagoa de Mera 
18:25 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo 
18:40 H – Praza Esther Pita de Santa Cruz
19:20 H – Polideportiva II República de Perillo

Os horarios son aproximados, poderían sufrir variacións en función do tráfico ou doutras circunstancias.
 

back link