Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Biblioteca Rialeda acolle unha charla sobre fotografía con Antonio Patiño

Oleiros, 9 de maio de 2019-. Mañá venres día 10 de maio, ás 18:30 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a charla Aves da ría do Burgo. O fotógrafo Antonio Patiño será o relator principal desta xornada.

Patiño é un fotógrafo especializado en fotos da natureza, pero sobre todo un experto en fotografías de aves da ría do Burgo. Nesta charla mostrará diversas fotografías de aves e explicará, de forma sinxela, a forma na que se tomaron as distintas fotografías e a técnica para realizalas.

A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, está a albergar charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. A do venres é a última das xornadas.

back link