Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Banda Orquestra Sinfónica de Oleiros actúa o venres na Rioxa

Oleiros, 05 de outubro de 2016-. A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ofrecerá un concerto o vindeiro venres ás 20:30 h no Teatro Ideal de Calahorra. Este desprazamento, o primeiro que realiza a agrupación municipal fóra de Galicia, permitirá amosar o extraordinario traballo que veñen realizando os músicos e músicas oleirenses desde hai anos.

Coa actuación tamén se devolve a visita que realizou en xuño a Banda de Calahorra a Oleiros para participar no XI Festival de Bandas. Ademais do concerto, os máis de 60 músicos e músicas desprazados ata terras rioxanas aproveitarán a viaxe para facer diferentes visitas culturais durante toda a fin de semana.
 

back link