Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros acada a segundo premio no Certame Galego de Ba

Oleiros, 24 de novembro de 2015-. A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros acadou o segundo premio, a tan só 5 puntos da banda gañadora, no IX Certame Galego de Bandas de Música. Os 97 músicos e músicas dirixidos por Alberto Piñeiro Leiva completaron unha extraordinaria actuación no Auditorio de Galicia, que acolleu o concurso.

O importante logro conseguido pola banda de Oleiros reflicte o importante esforzo realizado polos músicos e músicas para poder medirse e superar a bandas con moita máis experiencia na primeira sección, categoría na que participaron. O xurado do certame cualificou con 432 puntos a actuación da banda de Oleiros que se quedou a tan só 5 puntos da banda gañadora, o que indica o tremendamente disputada que estivo. A clasificación final foi a seguinte:

- Silleda (1ª, 437 puntos)
- Oleiros (2ª 432 puntos)
- Valga (3ª, 384 puntos + temática galega)

A agrupación de Oleiros interpretou La lira de Pozuelo de Luis Serrano, Esbozos sinfónicos de X. Carlos Seráns e Hannibal de Mario Bürki. Podedes acceder aos audios premendo aquí.

 

back link