Oleiros, 18 de novembro de 2019-. A VIII Andaina contra a Violencia de Xénero, que organizan os concellos que integran o Consorcio das Mariñas e na que colaborará o Club Runnig Oleiros, transcorrerá polo Concello de Oleiros baixo o lema “Ante a violencia de xénero As Mariñas di NON”. A saída está prevista para as 10:30 horas do sábado día 23 de novembro, desde o centro cultural A Fábrica de Perillo.
A andaina transcorrerá polo paseo de Santa Cristina, avenida Ernesto Che Guevara, Parque das Galeras e Bastiagueiro, rematando no mesmo punto de saída. O percorrido ten unha distancia aproximada de 8 quilómetros, polo que a duración será de dúas horas aproximadamente.
O manifesto vai lerse no interior do auditorio da Fábrica, unha vez que remate a camiñada.