Oleiros, 04 de novembro de 2016-. Este domingo día 6 de novembro, ás 20:00 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto da Agrupación Musical Albéniz que presenta o seu espectáculo “Invitación a unha viaxe sonora”.
O espectáculo foi concibido por Rafael Alberti como unha cantata para recitador e cuarteto de laúdes (dúas bandurras, un laúd tenor e un laudón) con poemas orixinais do poeta e música de diversos autores na que nos ofrece un percorrido pola música galega e española desde o século XVI ate o século XX. Pedro Ramos poñerá a voz e a Orquestra da Agrupación Musical Albéniz a música.