Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A actuación do Goberno municipal permite completar o derrubamento de dúas vivendas en ruínas a

Oleiros, 7 de decembro de 2016-. Esta mañá completáronse os traballos de demolición das dúas vivendas situadas no centro de Oleiros que levaban meses a medio destruír debido a que Gas Natural Fenosa non soterraba os cables que se atopaban pendurados da fachada dos edificios. Para evitar posibles danos ás persoas que usen a beirarrúa que linda coas casas, o Concello de Oleiros retirou os cables o pasado luns.

Debido a que só se atopaban en pé as fachadas das dúas vivendas, a situación provocaba un serio risco de derrubamento sobre a vía pública. Unha fiestra xa caera e outras dúas estaban a piques de correr a mesma sorte. Dada a urxencia da situación, o Concello de Oleiros procedeu o luns a retirar os cables o que permitiu que hoxe se puidese completar a demolición destas casas.

Gas Natural Fenosa terá que asumir o custo da actuación municipal do luns. A compañía eléctrica estaba obrigada a retirar e soterrar os cables que se atopaban pendurados da fachada e que impedían rematar o derrubamento das vivendas. Ademais de non realizar ese traballo, estipulado por lei, pretendía cobrarlle 11.700 euros ao propietario do edificio por facelo.
 

back link