Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás “Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo” o domingo na Fábrica

Imagen “Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo” o domingo na Fábrica

Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo, de Trinke Trinke fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no auditorio do Centro Cultural A Fábrica (Perillo) o domingo 12 de abril ás 12:00 horas.

Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo é un espectáculo teatral, un contacontos realizado polo rato Fuco, que chegará á Fabrica para cantar e contar contos ás familias do Apego.

A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 3 anos.


As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do martes 7 de abril. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.

INSCRICIÓNS: FORMULARIO