Oleiros, 23 de agosto de 2022-. Entre os días 29 de agosto e 1 de setembro, aquelas persoas maiores interesadas en participar nas excursións programadas para a Ribeira Sacra e a Costa da Morte poderán apuntarse nas prazas vacantes dispoñibles. As inscricións deberán realizarse por teléfono, chamando ao número 981 610 000 en horario de 16:00 a 20:00 horas.
As excursións realizaranse en varios grupos ao longo do mes de setembro. Unha das saídas é á Ribeira Sacra e ao río Miño, con visitas ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz e ao Cabo do Mundo, e outra ás vilas de Cee e Fisterra, incluído o museo Fernando Blanco.