Atrás Oficina de Información Turística

Ofrece ás persoas visitantes, tanto turistas, como excursionistas, como á propia cidadanía do municipio ampla información turística de Oleiros e o seu contorno: que visitar, rutas de sendeirismo, aloxamentos, restauración, exposicións, axenda de eventos...

Posúe unha pantalla táctil no exterior que interactúa coa persoa usuaria mostrando os recursos turísticos máis representativos do municipio.

HORARIO

Mañás de luns a venres: 9:00h a 14:30h

Tardes de mércores a venres: 17:00h a 20:00h