Asset Publisher

Back Convite para o Centenario Rialeda 1912-2012

RIALEDA CUMPRE CEN ANOS 1912-2012!!!
 
O edificio Rialeda, do prestixioso arquitecto Rafael González Villar (1887-1941), autor de importantes proxectos arquitectónicos na Coruña, Oleiros, etc. chega ao seu centenario. De entre as actividades programadas para conmemorar esta efeméride, neste caso dirixida a mozas-os e adultas-os, queremos convidar a todas as persoas que desexen asistir, á MESA REDONDA na que participarán, Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros; Henrique Seoane, arquitecto, coa presentación titulada “Rafael González Villar e a súa elegante arquitectura" e o escritor Manuel Rivas, co relatorio titulado “Resistencia erótica do libro”, así como a actuación do Trío de Vento de Alumnos/as da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros. Celebrarase o mércores, 12 de decembro, ás 20 horas, no segundo andar deste singular edificio, que como sabedes é a sede da Biblioteca Central Rialeda.