
A Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e a Biblioteca Central Rialeda (Perillo) adican senllas exposicións bibliográficas ao tempo do Entroido: xantares exquisitos co protagonismo das viandas de cocho e as irresistibles e variadas sobremesas, disfraces de toda orde/desorde e festas en calquera lugar de Galicia no que se pense.
Ofrecémosvos "manuais de instrucións" para gozar deste amplo calendario de celebracións que traspasan fronteiras e van alén dunha cita gastronómica.
Ves das mans das avoas das nosas avoas,
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro, leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas
.
.
.
Oda á filloa. Marica Campo
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro, leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas
.
.
.
Oda á filloa. Marica Campo