Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Tertulia literaria en Rialeda: 20 de maio (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias /documents/39407/55544/DLFE-21550.pdf/4c89c7b8-21bd-589a-6fa1-d6413f495bcfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Diarios" de Syra Alonso.
Documentación
Obras de Syra Alonso e sobre Francisco Miguel nas nosas bibliotecas.

Recomendamos a lectura do Roteiro Cultural 2013 feito polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores, cun apartado especial adicado a Syra, Francisco Miguel e a súa estancia na "Casa da Felicidade" de Liáns.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez.