Asset Publisher

Back Campaescolas primavera 2017

Infórmate dos Campaescolas para os/as nados/as do 2010 ao 2013 aquí

Se a túa opción é para os de 2005 ao 2009, preme aquí

Normas para a adxudicación de prazas:
Deberá entregarse a folla de preinscrición ben por correo electrónico a c.xuventude@oleiros.org ou presencialmente no Centro Cultural A Fábrica.

1.Admitirase unha única solicitude por persoa.
2.Terán prioridade para a adxudicación de prazas os/as empadroados/as no Concello de Oleiros.
3.No caso de haber máis solicitantes que prazas resolverase mediante sorteo público o 27 de marzo ás 11:30 h.
4.No caso de que unha persoa resulte admitido/a nunha actividade e teña irmáns ou irmás solicitantes de praza, estes últimos incorporaranse á lista de admitidos/as.
5.Os que se acollan a algunha bonificación( Servizos Sociais, familia numerosa…)deberán acreditalo formalmente, antes do prazo de pagamento, no Centro Cultural A Fábrica.
6.Será imprescindible achegar o xustificante do pagamento das actividades antes do 5 abril de 2017 ao Centro Cultural a Fábrica, presencialmente ou por correo electrónico a c.xuventude@oleiros.org. En caso contrario perderase o dereito a reserva.