Novas

Atrás 25 anos sen Borges : expo na Biblioteca de Lorbé

Cúmprense 25 anos da morte do maior expoñente das letras arxentinas. Escritor, poeta e ensaísta, foi nominado ao Premio Nobel e acadou o Premio Cervantes en 1980.

A súa produción inicial comprende contos e poemas sobreBorges temáticas arxentinas. Tras a súa operación nos ollos, empeza a escribir relatos de corte fantástico, xénero que o catapulta ao recoñecemento mundial. Entre os seus poemarios destacan: El otro, el mismo, Elogio de la sombra, El oro de los tigres, La rosa profunda e La cifra; mentres que dos seus libros de relatos destácanse: Ficciones; El Aleph; El jardín de los senderos que se bifurcan, El libro de arena e El hacedor.

Achégate á biblioteca para adentrarte no universo de Jorge Luis Borges.

Obras de Jorge Luis Borges no Sistema de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros.