Proxectos actuais

Proxectos actuais

O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
   
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.

No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
 

Imaxe Oleiros colabora na atención á poboación palestina a través do Fondo Galego Oleiros colabora na atención á poboación palestina a través do Fondo Galego

Oleiros colabora na atención á poboación palestina a través do Fondo Galego

Oleiros, 9 de febreiro de 2015.- O Concello de Oleiros participará mañá martes en Santiago de Compostela nun encontro coa directora executiva da...

    Imaxe Gabriel Tizón inaugura en Bissau a exposición 'Europa, realidade dun soño', primeira parad Gabriel Tizón inaugura en Bissau a exposición 'Europa, realidade dun soño', primeira parad

    Gabriel Tizón inaugura en Bissau a exposición 'Europa, realidade dun soño', primeira parad

    Oleiros, 9 de xaneiro de 2015-. A exposición fotográfica 'Europa, realidade dun soño' do fotógrafo galego Gabriel Tizón inaugurouse onte en Bafatá...

      Imaxe O Concello leva a cabo unha campaña solidaria a través das bibliotecas O Concello leva a cabo unha campaña solidaria a través das bibliotecas

      O Concello leva a cabo unha campaña solidaria a través das bibliotecas

      Oleiros, 27 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros levará a cabo ata finais do próximo mes de novembro unha campaña de recollida de produtos de...

        Imaxe O Concello de Oleiros subvenciona as ANPA locais con 6.498,25 euros para paliar posibles situac O Concello de Oleiros subvenciona as ANPA locais con 6.498,25 euros para paliar posibles situac

        O Concello de Oleiros subvenciona as ANPA locais con 6.498,25 euros para paliar posibles situac

        Oleiros, 29 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros subvenciona as asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas de catro centros públicos do...

          Imaxe Mañá celébrase un encontro dixital cos obxectivos de desenvolvemento do milenio como tema de de Mañá celébrase un encontro dixital cos obxectivos de desenvolvemento do milenio como tema de de

          Mañá celébrase un encontro dixital cos obxectivos de desenvolvemento do milenio como tema de de

          Oleiros, 25 de setembro de 2014-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro e socio fundador o Concello de Oleiros, organiza...

            Imaxe Oleiros acolle esta tarde a «Master class» con Gabriel Tizón Oleiros acolle esta tarde a «Master class» con Gabriel Tizón

            Oleiros acolle esta tarde a «Master class» con Gabriel Tizón

            Oleiros, 25 de setembro de 2014-. O castelo de Santa Cruz acolle esta tarde a partir das 20 horas a «Master class» de fotografía con Gabriel Tizón....

              Imaxe Oleiros realizou esta mañá o envío de máis de 550 quilos de material sanitario con destino á fr Oleiros realizou esta mañá o envío de máis de 550 quilos de material sanitario con destino á fr

              Oleiros realizou esta mañá o envío de máis de 550 quilos de material sanitario con destino á fr

              Oleiros, 19 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros realizou a primeira hora desta mañá o envío de máis de 550 quilos de material sanitario con...

                Imaxe O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para Gaza O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para Gaza

                O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para Gaza

                Oleiros, 4 de agosto de 2014-. O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para enviar de forma urxente á franxa de...

                  Imaxe Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións

                  Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións

                  Oleiros, 15 de xullo 2014-. Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación...

                    Imaxe Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións

                    Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións

                    Oleiros, 15 de xullo 2014-. Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación...

                      Imaxe El Gobierno local de Oleiros muestra su apoyo al pueblo saharaui El Gobierno local de Oleiros muestra su apoyo al pueblo saharaui

                      El Gobierno local de Oleiros muestra su apoyo al pueblo saharaui

                      Oleiros, 26 de abril de 2013-. O grupo de Goberno do Concello de Oleiros mostrou o seu apoio ao pobo saharauí cunha moción presentada na sesión...

                        Imaxe Oleiros mostra o seu apoio aos dous cooperantes españois liberados en África Oleiros mostra o seu apoio aos dous cooperantes españois liberados en África

                        Oleiros mostra o seu apoio aos dous cooperantes españois liberados en África

                        Oleiros, 23 de xullo de 2012-. O Concello de Oleiros mostrou o seu apoio aos dous cooperantes españois liberados en África a pasada semana. O...