PRESENTACIÓN

Esta Concellería agrupa os servizos de mantemento de parques, xardíns e áreas verdes, o servizo de limpeza viaria e a supervisión e control do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

A meirande parte destes servizos están contratados a empresas externas, anque o Concello conta con persoal propio para realizar o mantemento de certas zonas verdes e para completar o servizo de limpeza viaria en zonas non contratadas.

NOVAS

Atrás Renovación da vexetación nas ruínas do Pazo Ibarrola

Dentro da campaña de prantación deste 2014, temos renovado a vexetación interior das ruínas do Pazo Ibarrola, en Montrove.

 

Prantáronse máis de 80 unidades de distintas variedades de fieitos e, ó longo desta primaveira, renovaranse outros parterres con pranta producida no Vivero Municipal de A Carballeira.

Agardemos que os usuarios do Parque Ibarrola respecten estas novas prantaciones e todos poidamos disfrutar delas.