Noticias

Atrás XXII ALFAROLEIROS

 

Un verán máis, o departamento de cultura organiza Alfaroleiros. Este ano celébrase a XXII edición da feira. Terá lugar do 3 ao 7 de agosto no Parque Luís Seoane de Santa Cruz. Na feira participan 24 alfareiros tradicionais e 2 ceramistas de toda a península que venden as pezas elaboradas artesanalmente nos seus respectivos alfares. A feira inaugúrase o vindeiro mércores día 3 de agosto ás 12.30 horas. Paralelamente á feira, o departamento de cultura organiza un amplo programa de actividades e espectáculos.

 Mércores 3 de agosto

 19.00-21.30h- Obradoiro de olería para nenos e nenas impartido polos ceramistas Antón Román e Susana Gonzalez.

 Xoves 4 de agosto

19.00h- Ginkana onde participará o alumnado do obradoiro infantil e xuvenil de olería de verán.

A partir das 19:30h: Os Xogos do Paporrubio: compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria.

21.00h- Concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros

22.15h- Proxección de cine de verán: “Maléfica”.

Venres 5 de agosto

A partir das 19.30h: Os Xogos do Paporrubio: compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria.

20.30h- Teatro dos Ghazafelhos presenta o seu espectáculo de rúa “As mil e unha noites”. (Público familiar, a partir de 5 anos).

Sábado 6 de agosto

20.00h- A compañía Circo Chosco presenta o seu espectáculo Forzu2. (Espectáculo de malabares, acrobacias aéreas e clown. Público familiar).

22.30h- Concerto de Al Vila Band. Concerto de rock / pop.

Domingo 7 de agosto

21.00h- Peche da Feira.

21.00-22.30h- Concerto da agrupación Hot Chocolates. Banda de jazz e swing formada por Juan Tinaquero (contrabaixo), Luis Tinaquero (guitarra), Juan "Cabenikolai", Iago Mouriño (piano), Santi Roma (batería e taboa de lavar), Santi González (saxofón tenor), Pablo Añón (saxofón alto), Victor Sánchez (clarinete), Nando González (trompeta), Diego Rodríguez (trombón), Marian Ledesma (voz) e Miguel Ladrón de Guevara (voz).

Para consultar o tríptico da edición número XXII da feira preme aquí.