Noticias

Noticias

Atrás X CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO. CONCERTO DE LETICIA REY TRÍO

Sábado 4 de febreiro ás 20:30 horas
Auditorio da Fábrica (Perillo)
Leticia Rey Trío
 
Procedencia: Galicia
Elenco: Leticia Rey,Iago Mouriño e Jorge Quesada
Público: todos os públicos
Sinopse: A nena que sempre quixo cantar está a cumprir o seu soño. A compositora, guitarrista e cantante galega Leticia Rey sorprende pola súa excepcional calidade a calquera persoa que a escoita. 
En 2020 gañou o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia para talentos galegos emerxentes e a súa carreira despegou. Esgotáronse as copias do Ep Leticia Rey (2021) e decidiu lanzar o seu primeiro longa duración "Lux" poucos meses despois.
Un concerto de Leticia serve para viaxar polas luces do día e a noite e baixar o ritmo vital gozando de melodías etéreas que se moven entre o jazz, o folk e o pop sempre coa súa voz en primeiro plano. 

 

En Oleiros estará acompañada polo virtuoso Iago Mouriño ao teclado e Jorge Quesada ao baixo, xusto un mes antes da súa presentación en Madrid.