Noticias

Noticias

Atrás Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e ao museo e á cidade de Pontev

O vindeiro sábado 18 de xuño o departamento de Cultura visitará o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde gozaremos dunha visita guiada ao mellor espazo arqueolóxico de Galicia para achegarse ao mundo dos petróglifos. Este parque conta con dous petróglifos únicos, o cervo de Laxe dos Carballos e as combinacións circulares de Cogoludos, e nel visitaremos ademais a recreación dun poboado da Idade de Bronce e gozaremos cunha exhibición de lume tal e coma se facía na Prehistoria.

A excursión continuará pola tarde cunha xornada de paseo polas rúas e prazas da cidade de Pontevedra, na que se inclúe ademais unha visita guiada ao Museo de Pontevedra.

A actividade está dirixida a público familiar, preferentemente maiores de idade, pero valorarase a posibilidade de participación de menores, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta.

 

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 30 de maio e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

 

Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.

Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)

Tel.: 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916

cultura@oleiros.org    r.caparros@oleiros.org