Noticias

Atrás VIAXE CULTURAL A LISBOA - Do 2 ao 5 de abril

 

Portugal será o destino da edición número dez da viaxe organizada polo Departamento de Cultura para a ponte de semana santa. Oporto, Lisboa, Leiría, Cascais, Nazaré e Sintra serán algúns dos lugares que visitaremos. O prazo de inscrición para as persoas interesadas que están empadroadas no Concello comeza o luns 23 de febreiro. O prazo de inscrición conxunto, para persoas empadroadas e non empadroadas, en caso de non cubrirse as prazas no primeiro prazo, comezará o luns 2 de marzo. As persoas participantes aloxaranse en Lisboa nun hotel de 4* en habitacións dobres en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe e os traslados en autocar, visita guiada en Lisboa, visita guiada por Sintra, Cascais e Estoril, entradas para o Palacio de Queluz e o Mosteiro de Alcobaça, os almorzos dos días 3, 4 e 5, o xantar dos días 2 e 5 de abril e seguro de viaxe.

As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse no teléfono 981610000 (Departamento de Cultura) ou no enderezo electrónico: cultura@oleiros.org