Noticias

Atrás Teatro no Auditorio de Mera o sábado 23 de marzo

  

O sábado 23 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera a compañía Teatro do Atlántico, presenta o espectáculo Dúas donas que bailan.

Autoría: Josep M. Benet i Jornet  Dirección: Xúlio Lago

Sinopse: Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

O autor fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar.

Elenco: María Barcala e María Angeles Iglesias Xénero: Traxicomedia Duración: 85 minutos Público: maiores de 12 anos

Prezo: 3,50 euros (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)