Noticias

Atrás Teatro en Mera o sábado 25 de novembro

O Sábado 25 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía Os Náufragos, presenta o seu espectáculo Castrapo, escrito e dirixido por Gustavo del Río.

Sinopse: Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo de recibir a nova da morte do seu pai, con quen xa non mantiña unha relación fluída. No camiño atópase con Rosa, coa que comparte o tren con destino á Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase de fronte co seu pasado e coa necesidade de afondar na procura das súas raíces: unha viaxe que o leva de volta á súa orixe.
Elenco: Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.
Xénero: teatro contemporáneo.
Duración: 75 minutos

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.