O entroido é unha das festas máis esperadas do ano e con máis tradición dentro das manifestacións culturais galegas.
O prazo de inscrición ábrese o luns 30 de xaneiro. As prazas son limitadas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Para solicitar información e formalizar as inscricións contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Perillo), persoalmente, a través dos teléfonos 981 636 598 ou 981 610 000 (ext. 4915 e 4916) ou por correo electrónico a cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org.