O vindeiro domingo, 24 de novembro, ás 12.00 horas na Casa da República, terá lugar a actividade As Cores, un contacontos-obradoiro para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos. Un espectáculo enmarcado na programación do Apego, que pretende implicar as familias nas dinámicas grupais e onde se fará fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, mais que ten como obxectivo promover a lingua entre as familias.
Sinopse: Hai moito, moito tempo, cando as cores non tiñan nin nome os incoloros foron os que decidiron dar nome e características a cada unha delas. Dúas decidiron revelarse para defender o seu dereito a ser libre! Cal será o seu segredo?
As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poderán facelo a partir do luns 18 de novembro desde as 10.00 horas a través do seguinte enlace: https://forms.gle/SkCzDCF4NC5gxHbx6