Oleiros, 5 de xuño de 2014.- A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística organizou para este domingo día 8 de xuño unha xuntanza de todos os grupos de baile, gaitas e cantareiras do Concello. Celebrarase unha festa foliada que ten como obxectivo pasar unha xornada de convivencia e intercambio de experiencias, onde logo dun xantar, eles mesmos se organizarán para montar a festa na que tamén contarán con xogos tradicionais. A partir das 16.00 horas, aquelas persoas que o desexen poderán gozar das actuacións dos grupos. O acto finalizará coa tradicional queimada.
Esta xuntanza estaba previsto celebrala no parque das Torres de Santa Cruz, ao día seguinte das Merendiñas, aproveitando así a infraestrutura montada para tal fin, pero por cuestións climatolóxicas trasladouse para o pavillón Arsenio Iglesias e o patio do colexio Parga Pondal.
Os grupos que participarán nesta xuntanza son os seguintes:
Agrupación Cultural A Marola ( Mera )
O Amanexo (Dexo)
Grupo de Baile e Gaitas Dorna (Dorneda)
Agrupación Folclórica Folliñas (Oleiros)
Banda de Gaitas Frouma
Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz)
Agrupación Artística e Cultural Semante Nova (Perillo)
Grupo de Baile e Música Tradicional Os Rueiriños (Nós)