Novas

Atrás O Apalpador e as palabras perdidas chega a Oleiros o martes 26 de decembro

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a obra de teatro O Apalpador e as palabras perdidas, da compañía A Xanela do Maxín, para o vindeiro 26 de decembro, ás 18.00 h, na Fábrica.

A obra conta que o Apalpador baixa cada ano desde o Courel para traer castañas e agasallos e desde que coñeceu a nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.

 A través desta obra buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas, para que poidan volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dunhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.

A obra está recomendada para maiores de 5 anos.

As familias interesadas en participar poderán inscribirse a través do formulario habilitado a partir do martes 19 de decembro ás 8.30 na páxina web municipal.