Noticias

Noticias

Atrás MÁIS DE 600 RAPACES E RAPAZAS DOS CENTROS ESCOLARES DO CONCELLO GOZARON ESTA SEMANA DOS ESPECTÁ

Hoxe máis de 250 rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria dos CEIP Juana de Vega, Luis Seoane e Isidro Parga Pondal cantaron e bailaron coas cancións de Radio Bulebule de Paco Nogueiras na Fábrica. A través das que se inculcaron valores e se trataron temas como a importancia de falar a nosa lingua.
O mércores o alumnado de 3º e 4º de primaria dos CEIP Luis Seoane, Juana de Vega e A Rabadeira gozaron da obra de teatro Ghazafelhos, no Auditorio Gabriel García Márquez. Unha obra na que os nenos gozaron dunha  fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndolles a posibilidade de perseguir os soños sen sentir fronteiras.