Noticias

Atrás EXCURSIÓN A BETANZOS

 

O vindeiro sábado 9 de xuño o Concello de Oleiros visitará Betanzos. A saída incluirá unha visita guiada polo casco antigo de Betanzos, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1970, e unha visita guiada á Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, un centro de arte gráfica: escola, taller, sala de exposicións, colección e biblioteca. O seu principal obxectivo é promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

Ao remate destas dúas visitas, darase un tempo libre para xantar polo casco histórico e desfrutar dos produtos gastronómicos típicos do lugar, como pode ser o seu viño ou a súa tortilla. A volta está prevista a primeira hora da tarde.

 

Ofértanse 50 prazas e a inscrición á actividade será de balde ata cubrir a totalidade das prazas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

 

Información e inscricións a partir do luns 28 de maio no Departamento de Cultura, presencialmente en A Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13- 15172 Perillo, nos teléfonos  981 610 000 (Extensión 4915) e  981 636 598 ou no enderezo electrónico cultura@oleiros.org