Noticias

Atrás Concerto de VooDoo no Auditorio da Fábrica

Sábado 10 de febreiro ás 20:30 horas. Auditorio centro cultural A Fábrica, Perillo

O segundo concerto enmarcado dentro do V Ciclo de voces cálidas para noites de inverno estará protagonizado por VooDoo.

VooDoo é un dúo feminino que nace no ano 2016 e que está formado por Maritxinha, no baixo e loops, e Belém Tajes, no teclado e voces. Nesta ocasión estarán acompañadas polo beatboxer Narci García.

VooDoo son letras chegadas da música tradicional galega con harmonías fundamentalmente Soul, Acid Jazz, R&B e Rock. VooDoo é unha música íntima, elegante para “grandespequenos” momentos.

  

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.