Sábado 10 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Cirk About It, presenta o espectáculo El Apartamento.
Autoría: Cirk About It Dirección: Alfonso Alonso Sinopse: Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional. Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo. Elenco: Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García. Xénero: Circo. Duración: 50 minutos. Público: familiar
Prezo: 2,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).